O Trebello.
Ferramenta dixital para construír cartografías colaborativas.
Xeolocaliza vídeos, fotos, sons, documentos… nun mapa interactivo.

Realiza cartografías de calquera temática, abertas (ou non) á participación das usuarias.
O TREBELLO é un prototipo opensource, interactiva e dispoñíbel para todo tipo de dispositivos.
Programado na plataforma de software libre Drupal, o TREBELLO EMOCIONAL está en continua evolución, atendendo ás necesidades dos proxectos que fan uso del.
Ferramenta desenvolvida por Codery.
Hai dous xeitos de artellar un mapa feito co TREBELLO:
O primeiro, máis enciclopédico, permite acceder a un listado con todas as fichas, ideal para catálogos e proxectos máis complexos, coma é o caso de Crónicas en tránsito.
O segundo, máis visual, está centrado na navegabilidade do mapa, coma este portfolio que recolle os proxectos nos que participamos e que promovimos dende que existimos coma colectivo