
Paseos
A medio camiño entre a audioguía, a antropoloxía e o teatro, os paseos artísticos son roteiros audiovisuais que nos convidan a coñecer un lugar a través das historias e emocións das persoas que o habitan.
As experiencias e a xente que participa nelas inspírannos para crear pezas artísticas nada convencionais.
A medio camiño entre a audioguía, a antropoloxía e o teatro, os paseos artísticos son roteiros audiovisuais que nos convidan a coñecer un lugar a través das historias e emocións das persoas que o habitan.
Laboratorio de creación sonora interxeracional onde mesturamos a música e os sons específicos do lugar coa música electrónica e contemporánea
Non hai mellor xeito de apelar ás emocións que coa creatividade.
Pensados tanto como acompañamento a un mapa, como para ser realizados illadamente, os nosos procesos artísticos son tanto un xeito de facer emerxer as emocións que logo serán plasmadas nunha cartografía, como un xeito de sublimar os materiais xurdidos do traballo de campo. Para deixar un agasallo na comunidade, para comunicar o que facemos sen necesidade de explicalo.
Para nós, a arte é unha ferramenta de transformación social.
Se ben o rexistro do noso traballo remata aloxado na web, son as pegadas invisíbeis o que nos move: as que deixamos nos lugares e as que as persoas deixan en nós.
O resultado son pezas artísticas, efémeras ou replicables, que alimentan e dan sentido ó repositorio dixital.
Porque se as ferramentas, ademais de útiles, son belas, son dúas veces útiles.