Paseos
Pezas de arte urbana invisíbel, realidade aumentada caseira, películas dirixidas polo público...
Para facelos, partimos do material sonoro recadado no traballo de campo: entrevistas e testemuñas que falan da historia do lugar, das persoas que transitaron nel, da memoria, a arquitectura, o coñecemento…
Unha experiencia emocional e estética únicas que mestura o presente de quen escoita, co pasado que nós lle propoñemos.
AUDIOPASEO: San Pedro. Manual de instrucións
Inspirado no traballo de campo do Mapa emocional do barrio de San Pedro traslada á rúa o aloxado no mundo virtual para dinamizar o territorio.
VIDEOPASEO: Paradoxo
Ao dependeren da escoita, os paseos sonoros non son accesibles, por iso xurdíu este experimento: un videopaseo inclusivo feito en Lingua de Signos Española e subtitulado en nove idiomas, para facelo nun tramo do Camiño do Norte que transcorre na saída de Vilalba cara Santiago de Compostela.
Esta peza audiovisual que imita a realidade aumentada, foi realizada en sinerxía coa asociación Extramundi. Rodada nun único plano secuencia, visiónase nun disposito móvil mentres se vai camiñando.
VIAXES SONORAS: Os Andares
Unha fusión de teatro e intervención no territorio. Seis experiencias sonoras escritas por seis dramaturgas da escena contemporánea galega.
Colaboración feita coa produtora Fósoforo para a creación de paseos sonoros artellados nun traballo de campo de dous meses para coñecer, comprender e sentir a comarca dos Ancares.