San Pedro LAB

Remexendo o barrio

San Pedro LAB é un contedor de proxectos creado para garantir a sustentabilidade de diferentes accións que o Colectivo Galiza Emocional ven desenvolvendo no barrio de San Pedro en Compostela dende a súa fundación no ano 2016.

Transitando entre arte, tecnoloxía e educación social, e en estreita colaboración co tecido veciñal , ou con espazos como a Unitaria, na que o proxecto naceu, San Pedro Lab propón unha reflexión colectiva sobre cal é a identidade do barrio nun contexto de crecente turistificación e xentrificación da cidade.