Fotografía experimental
A cianotipia como técnica para xerar pezas artísticas arredor da historia do traballo da muller.
Empregando a cianotipia como técnica, facemos memoria en grupo e xeramos pezas artísticas arredor da historia do traballo das mulleres.
Partimos da conversa e da busca de fotografías, textiles e obxectos antigos, así coma de elementos naturais da contorna.
Xogando con estes elementos e a cianotipia, que establece un paralelismo entre a labor de lavar e o revelado fotográfico, creamos narrativas propias sobre a historia non contada das mulleres maiores.
Boiro 2022
Obradoiro comlementario á investigación artística levada a cabo durante o programa Residentes, de Galería La Doce e o Concello de Boiro.
Valdeorras 2023
Obradoiros de cianotipia nos catro oncellos de Valdeorras, a través da memoria asociada ao río Sil, que vertebra a vida da zona.
Realización en paralelo dun vídeo sobre o tema.
Proxecto feito en colaboración con Outonía Coop.